Os animais ó estar perfectamente alimentados non necesitan subministro ningún por parte dos visitantes e está terminantemente prohibido darlles calquera tipo de alimentos.
      Procurarase manter o Zoo limpo, sen tirar papeis, cabichas ou calquera outro obxecto fora das papeleiras.
      Non é convenente, e doutra banda esta prohibido achegarse ás gaiolas de especies perigosas e menos aún toca-los animais, o mesmo que perseguir ou molestar ós que se atopen en liberdade, tampouco débense arroxar obxectos, pedras, papeis, etc. nas instalacións. Hai que ter en conta que os animais movense e levan a cabo a súa actividade fisica cando eles queren, e non estimulados por berros ou recibindo os obxectos que lles arroxan.
      En todo momento hai que respectar e obedecer as indicacións feitas polos vixilantes e empregados do Zoo.
      O Zoolóxico é de todos e para todos, polo tanto debemos coídalo e tratar co debido amor e agarimo ós animais que nel se atopan, respeitando en todo momento ós mesmos, tendo en conta que non so perderon a súa liberdade e están nun medio extraño, senón que tamén non poden fuxir do seu cautiverio, para evita-las agresións das que moitas veces son obxecto por parte dalgúns visitantes.
      Por último debemos ser conscientes de que a existencia e o futuro deste Parque depende de todos nós, non so dos que traballamos nel, senón tamén, e o que é máis importante, de quens nos visitan.