Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE).Directiva relativa ó mantenemento de animais salvaxes en Parques Zoolóxicos.
Publica a Directiva CE 22/1999 de 29 de marzo.
Establece 3 anos (ata abril do 2.002) para que os estados membros adopten a súa lexislación interna e de 4 anos dende o 9/4/99 para que os Zoos teñan unha autorización válida.
Resume.
Para a tenencia de especies exóticas protexidas é imprescindible acreditar instalacións adecuadas.
Para a exhibición pública con fíns comerciais (que está prohibida), Só se xustifica a excepción concreta por fíns educativos, de investigación ou cría. A conservación de hábitats naturais de flora e fauna silvestres prohibe a captura, mantemento e comercio de grande número de especies, con excepcións para: Ensinanza, investigación, repoboación, reintroducción e cría. Para garantir que os zoos cumpran debidamente coa investigación científica, a formación do persoal, a educación pública e a conservación de especies, formúlase esta base común de lexislación para os Estados membros, relativa á autorización e inspección de Zoos. E control do cumprimento da obligación de conservación "In situ", contribuindo á conservación da Biodiversidade.
Artígo 1
Obxectivos.
Protexe-la fauna silvestre e conserva-la biodiversidade meirante a adopción de medidas polos Estados membros.
Artígo 2
Definición.
Entenderase por Parque Zoolóxico: Todo establecemento permanente onde se manteñan animais vivos de especies silvestres para a súa exposición ó público durante 7 o máis días ó ano. Excluidos os circos, as tendas de animais e establecementos expresamente autorizados.
Artígo 3
Requisitos aplicables ós zoos.
Cumprir coas seguintes medidas de conservación.:
- Participación na investigación sobre conservación de especies, formación de técnicas intercambio de información, cría en cautividade, repoboación, reintroducción no medio silvestre.
- Fomento da educación e toma de conciencia polo público respecto da conservación e biodiversidade, facilitando información sobre as especies expostas e o seu hábitat.
- Aloxamento animal en condicións que logren a satisfacción de necesidades biolóxicas ou de conservación, adecuados para a cría, xunto cun programa veterinario de atención preventiva, curativa e de nutrición.
- Prevención da fuxida de animais e prevención da introducción de plagas e parásitos do exterior.
- Mantemento de rexistros actualizados das coleccións do Zoo
Artígo 4
Autorización e inspección.
1.- Os Estados membros lexislarán e controlarán a autorización e inspección de parques existentes ou novos, para garanti-lo cumprimento do artigo 3.
2.- Cada Zoo deberá ter unha autorización válida 4 anos tras a entrada en vigor da presente Directiva, e os novos antes da súa apertura ó público.
3.- A autorización e o seu cumprimento controlaranse periódicamente, tomando as medidas oportunas.br> 4.- Antes de conceder, negar, ampliar ou modificar unha autorización efectuarase unha inspección pola autoridade competente ó respecto.
5.- Si un Zoo non conta cunha autorización conforme á presente Directiva ou as condicións non se cumpren:
  • a) A autoridade pechará o Zoo ou parte del ó público..
  • b) O Zoo deberá axustarse ás directivas das autoridades para obte-la autorización, Senón se cumpre no prazo máximo de dous anos, retirarase a autorización ou pecharase o Zoo ou parte del.o.

Artígo 5
O artigo 4 non se aplicará cando un membro demostre de forma que a Comisión considere satisfactoria que mantén os obxectivos da presente Directiva segundo o artigo 1.
Artígo 6
Peche de Parques Zoolóxicos
Si se pecha un Zoo ou parte del a autoridade competente garantirá que os animais afectados se tratarán e se trasladarán segundo as condicións pertinentes e adecuadas e as disposicións da presente Directiva.
Artígo 7
Autoridades Competentes
Os Estados membros designarán as autoridades competentes para os efectos da presente Directiva.
Artículo 8
Sncións
Os Estados membros fixarán sancións proporcionadas, disuasorias e eficaces.
Artígo 9
1) Os Estados membros porán en vigor as Leis e Regulamentos para axustarse á presente Directiva, o máis tardar en abril de 2.002. Informarán inmediatamente á Comisión. Cando se tomen medidas, incluirase unha referencia á presente Directiva.
2) Os Estados membros comunicarán á Comisión as disposicións legais de Dereito Nacional que adopten no ámbito rexido pola presente Directiva.
Artígo 10
Entrada en vigor
O día da súa publicación no Diario oficial das comunidades europeas.
Artígo 11
Os destinatarios da presente Directiva serán os Estados membros. Bruselas 29 de marzo de 1.999. O Presidente. F. MÚNTEFFERING.