| |
| |
O Parque Zoolóxico é un lugar como vostede moi ben sabe, de investigación, esparcemento, cultura, ensino, e sobre todo nos nenos, de motivación hacia o agarimo ós animais e o seu entorno. Para acadar estes fins suxerímoslle que leve a cabo a aplicación dos seguintes puntos, que por experiencia, sabemos mellorarán e axudarán tanto a súa labor como a nosa, e por outro lado, non perturbará a tranquilidade, o orde e a convivencia entre os visitantes a esta "cidade dos animais" que lle da a súa acollida. |
| |
| |
- 1º.- É necesaria a asistencia dun profesor por cada 20 alumnos como máximo, o que mellorará as condicións tanto para o coidado dos nenos, como para o seu óptimo rendimento educativo.
- 2º.- Débense evitar en todo momento as voces altas, berros, ruídos, carreiras, etc., que perturban a paz e tranquilidade tan necesarias para os animais en cautiverio.
- 3º.- O Parque é patrimonio de todos e como tal débense coidar e respeta-las súas instalacións, carteis indicadores, aramadas, cercas, barreiras, etc, non pendurándose ou trepando por elas.
|
| |
Igual medida é necesario manter con respecto ó entorno natural, coidando as árbores, céspede e plantas, utilizando os camiños e non os atallos, e sobre todo, non botando ó chan papeis, plásticos, cabichas, restos de comida, etc, e empregando para este fin papeleiras que se atopan por todo o Parque. |
| |
Para poder cumpri-lo antedito e para poder programa-las visitas e en consecuencia brindarlles un mellor servicio e atención, aconsellámoslle o seguinte: |
 |
| |
a) Solicitar telefonicamente o permiso para a visita ó Zoo cunha semana de antelación como mínimo. Aconsellámosvos que aproveitedes este tempo no centro educativo para a realización de actividades que motiven o coñecemento e o respecto cara os animais, como preparación da posterior visita ó Zoo. (Teléfonos de contacto: 986 26 77 83 / 986 26 77 84). |
| |
b) En taquilla cumplimentarase o impreso de visita escolar, onde figurará o número de alumnos e unha relación dos mestres responsables da súa conducta. |
| |
O Parque non se responsabiliza de accidentes ou danos a persoas ou cousas, de calquera índole, ocorridos dentro das súas instalacións e debidos ó incumprimento das presentes directrices que aconsellamos se teñan presentes en todo momento. |
| |
A Escola será responsable dos danos que poidan causa-los alumnos nas instalacións ou ós animais. |
| |
Por último pense que estamos eiquí para servirlle e atender dentro das nosas posibilidades, tódalas dúbidas que poidan formularse e brindarlle a nosa axuda, necesaria para o mellor aproveitamento das visitas. |