Dende Vigozoo queremos presentar o Novo Programa de Actividades Educativas para o ano 2010, que como tódolos anos, oferta moitas opcións de visita e actividades diferenciadas para todos os rapaces e rapazas que nos visiten.
Neste novo programa de actividades dirixidos a centros escolares e grupos organizados mantemos a dinámica e os obxectivos de mostrar a importancia da conservación da biodiversidade en todas as súas facetas.
Neste ano, destaca a nova actividade de campamentos organizada polo Departamento de Educación, dirixida a grupos reducidos de escolares, onde trasladamos a experiencia positiva das actividades de verán ás aulas: dous días de actividades pernoctando no propio parque.
Ademais, aumentamos as opcións na realización de obradoiros complementarios á visita guiada, adaptándonos ao tamaño e ao nivel educativo do grupo.
Na nosa páxina web: http://www.vigozoo.com , nesta sección de "aula educativa" atoparedes información máis completa, ademais de enquisas, unidades didácticas e moitos contidos educativos máis que paulatinamente vanse incrementando.
Esperando que esta oferta educativa sexa do voso agrado, invítovos a visitarnos durante este ano cheo de moi boas expectativas.
Mª Jesús Lago Rey (Presidenta do O.O.A.A. Parque das Ciencias Vigozoo).
Para os mais cativos (3-4 anos) realizaremos un pequeno taller-xogo de 30 - 40 minutos de duración. Aquí os participantes poderán descubrir dun xeito dinámico, as distintas formas, texturas e elementos que no seu conxunto forman as estructuras animais. Para estes grupos a visita polo parque recomendamos que se realice de forma libre a cargo dos propios mestres do centro escolar de forma complementaria á actividade dirixida.
PREZO: 1,80 € -Taxas por participante infantil no ano 2010. -Os mestres teñen a entrada gratuita (máximo 1/5 alumnos). -Os centros escolares de Vigo teñen a entrada de balde.
Horario das sesións nos meses de máxima afluenza de abril, maio e xuño: 10:00 / 11:30 / 13:00 / 15:00 / 16:30 / 18:00 (No resto do ano as sesións adaptaranse as necesidades do grupo)
Para estes colectivos propónse unha actividade de formación onde os participantes poderán achegarse ao mundo animal dun xeito máis dinámico e directo. Tamén realizaremos un pequeno taller-xogo de 30 - 40 minutos de duración onde os participantes poderán descubrir dun xeito dinámico, as distintas formas, texturas e elementos que no seu conxunto forman as estructuras animais. Para estes grupos a visita polo parque tamén recomendamos que se realice de forma libre a cargo dos propios mestres do centro escolar de forma complementaria á actividade dirixida.
PREZO: 1,50 € -Taxas por participante educación especial no ano 2010. -Os mestres, monitores ou coidadores teñen a entrada gratuita. -Os centros escolares de Vigo teñen a entrada de balde.
Horario das sesións nos meses de máxima afluenza de abril, maio e xuño: 10:00 / 11:30 / 13:00 / 15:00 / 16:30 / 18:00 (No resto do ano as sesións adaptaranse as necesidades do grupo)
Para estes colectivos propoñemos unha visita guiada con contidos adaptados ao nivel, necesidades e dispoñibilidade de cada grupo en función do horario dispoñible. Dende outubro a marzo e de xullo a setembro a visita guiada será interactiva e terá unha duración de 90 minutos. Aquí vos mostraremos as especies do zoo dun xeito dinámico durante o percorrido.
Os meses de abril, maio e xuño a visita guiada será exclusivamente teórica e de 60 minutos de duración, debido á alta demanda e afluenza existente nesas datas. A visita será realizada dende o punto de vista da conservación das especies animais no ámbito dos zoos, en particular, e da natureza en xeral.
PREZO: 1,80 € -Taxas por participante escolar no ano 2009. -Os mestres teñen a entrada gratuita (máximo 1/5 alumnos). -Os centros escolares de Vigo teñen a entrada de balde.
Horario das sesións nos meses de máxima afluenza de abril, maio e xuño: 10:00 / 11:30 / 13:00 / 15:00 / 16:30 / 18:00 (No resto do ano as sesións adaptaranse as necesidades do grupo)
Esta actividade é unha atractiva alternativa ás visitas escolares ordinarias. Consiste nunha xornada chea de actividades dentro do zoo, dirixida a pequenos grupos de escolares xunto ao seu mestre, ademáis de outros colectivos específicos. Deseñada como un complemento ás actividades de aula, conta cun maior número de contidos e recursos educativos.
Máis de seis horas cheas de actividades, dende outubro a marzo de 11:00 ás 17:30 horas: Visitas guiadas, naturolab, exotarium, obradoiros, xogos e comidas incluídas. O obxectivo final é a de completar o labor educativo realizado nos centros escolares desprazando por un día a toda a aula ao parque zoolóxico.
O tema principal da actividade é a divulgación e o coñecemento da conservación da biodiversidade dentro e fora das instalacións do parque. Anímovos a chegar un pouco máis aló e participar nesta completa actividade deseñada para todos vós.
PREZO: 10,75 € -Taxas por participante no ano 2010. -Os mestres teñen a entrada gratuita (1/20 alumnos). -Comida incluida. (Para opcións de menús consultar).
Presentámosvos esta nova actividade que tanto éxito tivo en verán, adaptada a grupos reducidos de escolares de educación primaria.
Serán máis de treinta horas de actividades, dende as 11:00 horas do primeiro día ata as 17:30 horas do segundo, pernoctando en tendas de campaña ou en instalacións interiores en función da climatoloxía.
Esperámosvos nesta nova aventura que seguro non vai a defraudar.
PREZO: 41,70 € -Taxas por participante no ano 2009/2010. -Grupos reducidos de ata 25 alumnos. -Todo incluído. (Para opcións de menús consultar).
Para motivar aos nenos hacia o cariño aos animais e o seu entorno suxerimos que leve a cabo os puntos mencionados no documento anexo xa que po experiencia, sabemos mellorarán e axudarán tanto a súa labor como a nosa; e por outro lado, non pertubará a tranquilidade, orden e a convivencia entre os visitantes.
-É obrigatorio que o acceso ao parque os nenos estean acompañados en todo momento dun adulto sendo necesaria a asistencia dun responsable por cada 20 alumnos como mínimo, o que mellorará as condicións tanto para o coidado dos/as neno/as, como para o seu óptimo rendemento educativo:
-Mantén limpo o parque, é de todos.
-Evita facer ruído, correr e molestar aos animais.
-Respecta os peches, valados e carteis.
-Para preservar a saúde dos animais, non está permitido darlle ningún tipo de alimento.
-Vigozoo é un lugar de investigación, esparcemento, cultura, ensino, e sobre todo nos nenos, de motivación cara o agarimo aos animais e o seu entorno. Para acadar estes fins suxerímoslle que leve a cabo a aplicación dos seguintes puntos, que por experiencia, sabemos mellorarán e axudarán tanto a súa labor como a nosa, e por outro lado, non perturbará a tranquilidade, o orde e a convivencia entre os visitantes.