GALEGO ESPAÑOL
Flash Hojas
Entorno Natural
Distancia a lugares relevantes (km)
Aeroporto: 9 | Estación de autobuses: 6 | Estación de tren: 6 | A Coruña: 155 | Santiago: 93 | Ferrol: 188 | Lugo: 182 | Ourense: 105 | Pontevedra: 34 | Vigo: 6

Mirador de A Madroa

O seu principal interese radica nas magníficas e inigualables panorámicas que se divisan sobre a totalidade da Ría de Vigo. Cuns 250 metros de altitude, dende este lugar pódese observar unha impresionante vista da ribeira da ría, a ponte de Rande, o casco urbano e as illas Cíes integrantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o único Parque Nacional da nosa comunidade.

A área forestal anexa ao miradoiro está acondicionada como merendeiro e conta cun quiosco e zoas para facer lume. A vexetación do entorno do parque, está constituída principalmente por piñeiro marítimo e acacia negra, aínda que na actualidade está sendo acondicionada e repoboada por especies de frondosas autóctonas (carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros, etc.).


Parque forestal monte O Vixiador
Dependente do Concello de Vigo conta cunha extensión de máis de 15 hectáreas e media polas que se reparten unha gran variedade de especies de flora e fauna. Ofrecendo ao visitante un espazo adecuado para os seus momentos de ocio e tempo de lecer. Dende o zoo o sendeiro GR-53 condúcenos ao parque.



Patrimonio histórico arqueolóxico
Preto do entorno do parque zoolóxico existe un interesante campo megalítico cun gran número de túmulos. O máis grande acada un diámetro de vinte metros e unha altura de 3,50 metros.
Estas "mámoas" están constituídas por un túmulo de terra que cobre unha cámara funeraria formada por lousas de pedra. Normalmente aparecen agrupadas formando conxunto de varias unidades, sendo posible que formen parte dunha gran necrópole emprazada nas proximidades de Redondela.
 
MAPA DO ZOO
CÓMO CHEGAR
NOVAS
HORARIOS E TARIFAS
AVISO LEGAL CRÉDITOS