Máis dunha centena de móbiles foron recollidos este Nadal (30/12/11)
Actualmente activa dende finais do pasado ano 2009, esta campaña de reciclaxe de móbiles foi lanzada polo Instituto Jane Goodall España, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall. Colaboran na mesma moitas institucións de toda España, e Vigozoo e o Concello de Vigo forma parte activa da mesma.
Jane Goodall, Embaixadora do Ano do Gorila 2009, Premio Príncipe de Asturias 2003 e Mensaxeira da Paz por Nacións Unidas, é unha naturalista e primatóloga inglesa que dedicou a súa vida ao estudio do comportamento dos chimpancés en África.
O fundamento da campaña se basea na recuperación do precioso “coltán”. Gran parte das reservas mundiais de coltán utilizado na nosa tecnoloxía cotián, atópanse no leste de República Democrática do Congo, unha zona de permanente conflicto onde producíronse millóns de mortes e desprazamentos. A extracción de coltán emprega man de obra semiescravizada, e na zona do célebre Parque Nacional Kahuzi-Biega afecta tamén ás poboacións de gorilas e chimpancés.
Esta campaña ofrece os cidadáns e cidadás unha forma sinxela e gratuíta de aportar móbiles en desuso (en funcionamento ou non), o cal permitirá:
1. Reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes. 2. Reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente os materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio. 3. Recadar fondos para proxectos de apoio ao desenvolvemento de cidadás congoleses, e aos programas de educación e conservación do Congo,
¡Súmate a esta campaña e axuda á conservación dos ecosistemas africanos!.
Aproveitando a festas de Nadal propomos un conxunto de interesantes actividades, obradoiros e xogos para os días 27, 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro. É en conxunto unha actividade enfocada a traballar diferentes aspectos relacionados coa conservación e coa educación ambiental.
Xa están abertas as reservas para anotarse. Bota unha ollada na nosa sección do "40 aniversario”, acó: