|
Flash Hojas
|
| Instalacións e Servizos |
Vigozoo é un parque zoolóxico integrado no seu entorno, que mantén unha ampla diversidade de árbores e plantas. Ten unha extensión de 55.676 m2 ampliables nos que se desenvolven unha gran variedade de actividades dirixidas á ensinanza, divulgación, investigación, turismo, ocio, investigación e conservación de especies.
Os recintos animais están dentro dun proceso de naturalización integral, e contan cunha variada vexetación e elementos físicos necesarios ca fin de recrear o hábitat natural de cada especie e proporcionar o enriquecemento ambiental necesario para o seu benestar.
Acolle ao longo do ano a milleiros de persoas, entre visitas organizadas e público xeral, e iso supón un esforzo continuo á hora de mellorar as instalacións e servizos para que tanto os animais coma os visitantes atópense a gusto. Por esta razón, melloráronse os camiños de acceso, os peches estanse a crear novas instalacións, co obxectivo de chegar a ser un zoo de referencia da fauna do noroeste peninsular.

|
Despacho de Billetes
É a zona de recepción dos visitantes onde se lles facilita a información necesaria para que a visita sexa o máis completa e organizada posible.
Oficinas, Administración e Laboratorio
Na zona norte do edifico de usos múltiples atópase a zona de oficinas, administración, taller, cociña, almacén, vestiarios, zona de incubación e quirófano.
Departamento de Educación
Constituído por un nutrido equipo de educadores que desenvolve un gran número de actividades educativas (visitas guiadas, obradoiros, campamentos, aniversarios, concursos, etc).
Zona de Aves
e Mamíferos
É a zona principal do parque. Moitos recintos foron mellorados e naturalizados para unha maior calidade de vida dos animais que aloxan. Destaca o novo camiño de acceso na zona de aves acuáticas, a illa de primates e o novo recinto de herbívoros.
Exotarium
Da cabida a máis de 50 especies de insectos, arácnidos, anfibios e réptiles distribuídos en tres plantas segundo a súa morfoloxía, clasificación taxonómica e perigosidade.
Bolboretario-Aviario
Atópase na planta superior do exotarium; nel expóñense aves exóticas durante todo o ano, mentres que as bolboretas só están presentes nos meses de primavera e verán.
Granxa Escola
e Invernadoiro
EN PROCESO DE ADECUACIÓN. Constituída por dous recintos con animais de granxa para que os visitantes poidan coñecer as súas características e costumes. Ao seu carón está situado o invernadoiro no que se farán plantacións didácticas e será o pequeno viveiro do parque.
Novo Nocturama
Recinto interior que aloxa animais nocturnos en plena actividade, animais que viven nas tebras lonxe da nosa ollada. É o fogar dos morcegos, bufos, petaurus, kinkauís, xenetas, gálago e chinchilla de Adelaida.
Aulario
Sito na vía principal do parque, tras cruzar a ponte, presenta interesantes innovacións en materia enerxética de cara aos preceptos da Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible. Nel os máis pequenos poderán participar no Laboratorio da Natureza.
Planetario
Situado no edificio central atópase o planetario que ten capacidade para 20 persoas. Na cúpula o seu proxector esférico pode mostrar a gran totalidade de constalacións do ceo nocturno, audiovisuais, e animacións que mergullan ao visitante no espazo.
Salón de Actos
O salón de actos tamén atópase no edificio central e ten unha capacidade para 81 persoas. Nel proxéctanse distintos audiovisuais divulgativas de dirixidos ao público visitante, charlas, conferencias, etc.
Merendeiro
e Panel Solar
Ao fondo do parque sitúase o pequeno merendeiro cuberto, a instalación solar didáctica e os servizos públicos. Aquí os visitantes poderán descansar e repoñer forzas, mentres coñecen as aplicacións directas da enerxía solar no fogar.
Parque Infantil
Situado a la entrada de Vigozoo, nel os máis novos poderán xogar nun entorno seguro e adaptado.
Cafetería
Situada fronte ao reptilario e á entrada do parque, dispón dunha perfecta localización no comezo da visita. Nela pódese gozar dunha gran variedade de pinchos, bocadillos e bebidas. Dispón dunha agradable terraza con vistas ao parque infantil.
Tenda de Agasallos
Antes de rematar a visita ao parque, na nosa tenda, poderá atopar unha extensa variedade de artigos, como camisetas, gorras, peluches, complementos e moitos máis, para levarse un pequeno recordo de vigozoo.
|
|
|
|
|