Único en Galicia dende a súa fundación.
      O noso Zoolóxico conta cunha breve historia, xa que foi constituído como Fundación pública polo Excelentísimo Concello de Vigo, por acordo plenario de 26 de febreiro de 1970, creado a iniciativa de D. Rafael Portanet cando era alcalde de Vigo, e construido polo seu sucesor no cargo, D. Antonio Ramilo Fernández-Areal, inaugurándose o 18 de xullo de 1971, sendo o seu primeiro director, D. José Mª. Ramírez de Esparza.
    En 1977 tivo lugar nas súas instalacións o oitavo Congreso da U.I.Z. (Unión Ibérica de Zoos).
    Dende xaneiro de 1980 a maio de 1983, foi o seu director e veterinario, D. Víctor González Herrero e dende entonces ata a data, é o seu director e veterinario o dr. D. Juan Antonio Freitas Berbel.
       Por acordo plenario de data 23 de febreiro de 1990, cambia a súa denominación de Fundación pública municipal Parque Zoolóxico da Madroa, pola actual de Organismo Autónomo Municipal "Vigo-Zoo".
     Con data 1º de maio de 1.990 inaugurouse un reptilario e museo con especies de todo tipo vivas, disecadas e en formol, a maioría das embalsamadas foron donadas polo dr. D. Eliseo Sobrino Conde.
    Con data 21 de febreiro de 1998, inaugurouse o edificio central de usos múltiples, o cal conta no seu interior con ascensores para o público e montacargas para os animais e se divide nas seguintes dependencias:
 
  • Biblioteca.
  • Videoteca.
  • Sala museo. (3 plantas)
  • Salón de actos.
  • Laboratorios (Quirófano, incubación e primeiros auxilios, necropsias, aula de natureza, imaxe e sonido).
  • Oficinas administrativas.
  • Vestiarios e servicios para o persoal.
  • Cociña.
  • Lavandería.
  • Sala de máquinas e electricidade.
  • Cafetería e restaurante.
  • Servicios públicos para os visitantes (exteriores e interiores).
      Con data 2 de xullo de 1999 inauguraronse tres fosos, un para leóns, outro para tigres e outro para osos, e tres gaiolas para coarentena.