IV PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES VIGO-ZOO 2005
      Dirixido principalmente a rapaces e rapazas de educación especial, infantil, primaria e secundaria, ofertando para cada nivel educativo un conxunto de actividades de educación ambiental.

    Tamén están incluidos neste programa os colectivos de adultos (pensionistas, asociacións veciñais, excursións), aínda que o prezo variará en función do tipo de visitante segundo as taxas municipais.
Este programa educativo abrangue dúas modalidades diferentes:
  • O programa ordinario contempla o estilo clásico de visitas guiadas (agás para educación especial e infantil) cunha proporción de 1 monitor por 25 alumnos. Os contidos educativos serán temáticos e interactivos en función do nivel educativo.
  • O programa de primavera propón unha solución para os meses de maior afluencia de visitantes, garantindo unha atención e uns contidos mínimos a tódolos participantes.
PROGRAMA ORDINARIO
(Outubro de 2004 - Abril de 2005) (Xullo de 2005 - Setembro de 2005)
  • Educación infantil e especial: Presentación, normas e actividade " toca-toca" (30 minutos). Proxección opcional no auditorio (20 minutos). O resto da visita será libre (60 minutos).
  • Educación primaria e secundaria: Presentación, normas, e visita guiada temática (90 minutos). Proxección opcional no auditorio (30 minutos).
PROGRAMA DE PRIMAVERA
(Maio de 2005 - Xuño de 2005)
  • Tódos los niveles educativos: Presentación, normas y visita interpretativa itinerante. (90 - 120 minutos).