Dende hai aproximadamente dezaseis anos levase a cabo a recuperación de especies animais protexidas pola Lei.
      Nalgúns casos trátase de mamíferos ou réptiles que logo de ser atendidos e preparados físicamente son asilvestrados e devoltos o seu medio natural en sitios que garantan a súa supervivencia e onde se evite no posible que sexan feridos ou capturados polo home, e se pretende ademáis dentro do posible que teñan a oportunidade de encontrar o alimento que necesitan.
      Como exemplos podemos contar coa recuperación e posta en liberdade de xinetas, garduñas, raposos, texóns, galapagos, etc., asi como tamén a devolución ó mar de distintas tartarugas mariñas, focas e aves mariñas en lugares próximos ó seu hábitat, segundo a época do ano, xa que a maioría son migratorias.
      Dentro deste capítulo a tarefa máis importante é a recuperación de aves rapaces, tanto diurnas como nocturnas, que chegaron a este Zoolóxico recollidas polo público ou por diferentes autoridades, e en colaboración coa xefatura do medio Ambiente natural de Pontevedra (centro de Coto Redondo), co cal levanse a cabo estas tarefas.
  Neste período de tempo transcorrido recuperaronse cerca de 150-200 aves rapaces diversas, deixando as inútiles, é decir as que non poden ser devoltas á natureza para ser observadas no Zoo.
      As lesións máis frecuentes padecidas por estas aves son producidas xeralmente por armas de lume, e en outros casos, por ser sometidas a longos períodos de cautiverio en sitios non axeitados, por particulares que as colleron de pequenos, ignorando cal é a atención correcta que estos animais requiren e o que é máis grave, infrinxindo a Lei que as protexe.