| |
Tales como ofidios, saurios, quelonios, etc., que viven durante o ano nun clima controlado de humidade e temperatura, xa que son moi estrictos en canto ó seu hábitat, e con dietas naturais onde observan todas as súas necesidades, fundamentalmente o consumo de presas vivas que doutra maneira non xantarían e para o que dispoñemos dun sitio destinado ó mantemento e á cría e reproducción de roedores, grilos, vermes, peixes, etc., Estas dietas son completadas cos distintos vexetais que consume cada animal segundo as súas particularidades. Neste sitio poden observar pautas de comportamento (etoloxía), así como tamén distintos períodos de reposo e actividade, forma de captura dos alimentos, muda da pel, e outras formas dos ciclos biolóxicos de cada un dos reptiles. |