É un dos servicios máis importantes dos adicados á atención animal, xa que por distintas circunstancias poden padecer diferentes tipos de enfermidades propias de cada especie e o que é máis habitual, lesións debidas a agresións propias do comportamento de cada unha das especies e a seu estado fisiolóxico reproductivo e de convivencia.
      Ademáis este servicio leva a cabo as tarefas de medicina preventiva, cumprindo distintos programas de desparasitacións internas ou externas segundo o caso, control das dietas e a súa modificación de acordo ás circunstancias, así como tamén a vixilancia do estado de hixiene e conservación dos distintos aloxamentos animais e da calidade dos alimentos para subministrarlles.